OSCAR IBAÑEZ

Superbe découverte humaine et musicale lors du festival interceltique de Lorient 2014 ! Avec son amour de la vie et son dynamisme sur scène , Oscar Ibáñez nous transporte dans son propre pays , la Galice , grâce à sa musique joyeuse et enjouée . Son album nous enchante à chaque fois que nous le programmons dans notre émission .En espérant le revoir très vite dans les programmations de festivals en Bretagne ou ailleurs , nous vous conseillons cet album . Et en plus , c’est un personnage très sympathique ! Coup de cœur de l’équipe Fous de Folk .

www.oscaribanez.com

https://www.facebook.com/pages/Oscar-Ib%C3%A1%C3%B1ez/190126344372908

Oscar Ibáñez presenta o seu novo espectáculo “Alén do Mar”, unha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade froito da gravación do seu novo CD, que sairá ao mercado proximamente, no que, ademais da participación dos músicos da súa banda “Oscar Ibáñez & Tribo”, contou coa colaboración de músicos galegos, navarros, vascos, andaluces, irlandeses, cubanos, arxentinos, venezolanos e brasileiros.

Con esta nova proposta Oscar Ibáñez pretende irmandar musicalmente as culturas atlánticas usando a música galega como fío condutor nunha mestizaxe musical fresca, moderna e innovadora na que predomina a sonoridade celta.

« Oscar Ibáñez, inspirado nas músicas de ida e volta e na temática da emigración galega en América latina fundamentalmente, desenvolve un labor a medio camiño entre a investigación e a creación, co fin de realizar unha fusión sen límites, que ten coma resultado un novo e único son… »

As diversas viaxes que Oscar Ibáñez realizou nos últimos quince anos por máis de trinta países de Europa, América latina e EEUU influíron decisivamente na maneira de definir unha proposta musical cada vez máis aberta na que amosa as afinidades musicais dos dous continentes